Tuesday 30 de April de 2024

Ardemil rememora a tradición da malla


Ardemil rememorou novamente a tradición da malla. Como cada ano a Asociación Castro da Croa, en colaboración co Concello de Ordes, organizou esta festa na que armados con utensilios e maquinaria de épocas ben pasadas homes e mulleres separaron o gran de trigo da palla. Entre os que inmortalizaron o momento cos seus dispositivos móbiles estaba o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, quen acompañado do concelleiro José Manuel Mira xa asistira na noite anterior ao convite de touciño entrefebrado. Un momento que estivo amenizado pola actuación do cantante Mario.
Hoxe non faltou a feira de antigüidades e unha ampla exposición de tractores, coches, motos, motores e apeiros doutras épocas, tal e como é costume no lugar. O programa deste ano inclúe tamén un gran xantar popular con xamón asado en abundancia e actuacións musicais a cargo de ‘Dúo Suso’ e dun grupo de gaitas. O punto e final veu o domingo cunha gran concentración de tractores antigos, os cales realizarán un percorrido pola zona a partir das 12 horas.